Amigus
As Pontes

O BENXAMÍN A TERÁ QUE AGARDAR Á DERRADEIRA XORNADA PARA PODER SER CAMPIÓN

Necesitará como mínimo un empate ante o Racing de Ferrol, dado que O Freixo gañou o seu partido pese ao grave erro da acta arbitral

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Benxamín A pontés necesitará esta fin de semana sumar alomenos un empate para poder cantar o alirón, xa que lle saca dous puntos de ventaxa ao Narón O Freixo, e non cinco, pero no caso de empate a puntos tería o goal average a favor.

Vitimas dun grave erro arbitral (como se pode comprobar nos jpgs adxuntos), díxose que o Benxamín pontés gañara a Liga, dado que a acta reflictía a derrota do Narón O Freixo ante o Ortigueira B, pero o resultado real do partido foi de 5-3 e non de 3-5 como manifesta a acta oficial do encontro, a instancias do colexiado do mesmo.

Polo tanto o As Pontes suma 43 puntos, pero o equipo do Freixo ten 41, e non 38, e está a só dous dos azuis. O As Pontes valeríalle empatar na complicada cancha ferrolá para ser campión, dado que nos seus duelos cos naroneses empataron 1-1 e gañaron 4-3, polo que teñen o goal average a favor. Aos naroneses pola súa banda só lles cabe gañar na casa do Caranza e agardar unha derrota dos azuis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios