O BNG das Pontes organiza unha charla sobre autoconsumo

O acto, no que intervirán Eduardo Lorenzo Pigueiras e Ana Pontón, será este luns, ás 20.00 horas, na Casa Dopeso

O grupo municipal do BNG organiza este luns, na Casa Dopeso das Pontes, a charla ‘Conflitos e cambio enerxético: A voltas co autoconsumo’.

No acto, intervirá Eduardo Lorenzo Pigueiras, catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade Politécnica de Madrid, director do grupo de investigación Sistemas Fotovoltaicos do Instituto Enerxía Solar e empresario doméstico de investimento solar.

Ademais, tamén está prevista a asistencia da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

A conferencia, que estará aberta a todos os interesados nesta temática, dará comezo ás 20.00 horas.

También podría gustarte
Comentarios