O CD AS PONTES AGARDA O SORTEO DO CALENDARIO DE LIGA DESTE SÁBADO CON MOITAS BAIXAS

O clube pontés perdeu nestes días a dez xogadores do plantel da campaña pasada.

O CD As Pontes quedou estes derradeiros días sen cinco xogadores máis dos que formaban parte do seu plantel da campaña pasada.

Ás baixas xa coñecidas do adestrador e preparador físico, e ás dos xogadores Jorge Nano, Pablo Domínguez, Adrián Martínez, Manu Mariña e David Amado, nos últimos días produxéronse as do dianteiro Santi, que vai para o Compostela, o canteirán Dani, que logo de toda unha vida no clube fichou polo Viveiro, o medio Toni, que estará no Somozas, de novo ás ordes de Stili, e onte coñecíamos que o gardamallas Marcos Souto e o lateral Alex Cabarcos fichaban polo veciño Racing Vilalbés.

A día de hoxe, en teoría, que se saiba, só quedarían Krikry e quizais Rafita na portería, Chote, Hugo e Criado como defensas, Cañizares, Chicho, Edi, Pablo Ramos, Samu e Juan no medio, e Rubén Pardo como dianteiro. Descoñécese o futuro de Bossa e Óscar Martínez, pero non semella que esteñan preto do Poboado.

Así é todo, e a pesar do crudo panorama, é probable que para comezos da semana que vén se coñezan as primeiras novidades de cara a esta 2016-17, do que pode ser o futuro adestrador e as primeiras e necesarias incorporacións.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios