O CD AS PONTES PLANIFICA A CONTRARRELOXO A CAMPAÑA 2016-17

O equipo confirma unha fichaxe e catro renovacións.

O CD As Pontes está a traballar estes días na confección do seu plantel para a campaña 2016-17, a que será a sétima na Terceira División.

Trala conformación de Marco Roca como adestrador, o clube fichou a Paco Fernández, gardamallas procedente do Galicia de Mugardos, e renovaron Edi, Samu, Rubén Pardo e Pablo Ramos.

Ás once baixas xa consabidas, súmanse outras catro. Non continúan no equipo, Óscar Martínez, que volve para o Montañeros, neste caso na primeira rexional, o lateral Hugo Filgueiras, que vai para o Galicia de Mugardos, Chote, que tras 13 anos retírase do fútbol, e o cancerbeiro Krikry, que tamén deixa este deporte.

Xogadores importantes coma Bossa ou Chicho poderían continuar no clube, algo que se saberá nestes próximos días, e descoñecemos a situación de canteiráns como Sergio Criado ou Juan Prieto.

Nestes momentos, o número de efectivos non chega para facer unha convocatoria en condicións, e por desgracia non ten moito tempo o conxunto azul, este día 3 de Agosto deberá rendir visita ó Abellá ou Sporting Sada, na primera rolda da Copa Deputación, pero sobre todo o día 21 de Agosto arrinca a Liga na que deberá visitar ó Celtiga na Illa de Arousa para a seguinte semana recibir ó Alondras.

Tamén conta Marco Roca co hándicap de non ter un equipo B co que completar as convocatorias, coma nas anteriores campañas, polo que o adestrador tería que recorrer ó Xuvenil, equipo que aínda non comezou a súa pretemporada.

Sexa como seña, agardamos poder informar sobre novas incorporacións nestes vindeiros días.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios