O PONTÉS IVÁN PENA, CUARTO CLASIFICADO NO MUNDIAL DE WAVESKI SURF

Ouro para o francés, plata para o australiano, e bronce para o británico.

O deportista pontés Iván Pena Martínez disputou esta semana na localidade portuguesa de Santa Cruz, o Mundial de Waveski Surf.
Fíxoo na categoría Senior, a dos mellores, e superou a primeira e terceira rolda (a segunda era unha repesca) coma segundo clasificado.

Xa nas semifinais, tamén pasou como segundo, quedando eliminado na súa serie o brasileño Felipe Doria, e na outra o irlandés Guillaume Despez.

Xa na final dos catro mellores, non tivo sorte Iván. Venceu o francés Renan Leloutre, con 13.5, seguido do australiano Dale Randahl, con 10.8. Terceiro foi o británico Sam Mc Queen-Jones con 6.7, e firma un magnífico cuarto posto nun Mundial Iván con 5.45.

Iván Pena foi un destacado home da piragua nos seus tempos mozos, sendo ouro na Copa de España Junior K2 500 de 1996 xunto a Iago Crende Polo, e tamén xogou coa Selección Española de Kaiak Polo o Mundial de Alemaña 2002 (sétimo) e os World Master Games Autralia 2009 (cuarto).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios