O ESTEO FS – CD ALBENSE FS (5-1): SEGUNDA  DIVISIÓN  B  FÚTBOL  SALA

O Esteo pontés gañou no derradeiro partido da liga ó vencer ó Albense salmantino por 5-1

Clara vitoria do Esteo ante o Albense nun partido no que o control do xogo e o dominio foi dos visitantes. Pero, os ponteses estiveron moi ben en defensa e ademais tiveron en Javichu ó mellor xogador do encontro, que desbaratou varias ocasións de gol dos visitantes.

Na metade do primeiro tempo adiantáronse os ponteses nunha contra que culminou Púas. Este mesmo xogador poñía o 2-0 a falta de dous minutos para o descanso logo dun saque de esquina botado por Rober Paz.

A segunda metade comezou igual, maior control do partido por parte dos visitantes e un Esteo que se defendía ben, a pesar de ter un curto banquiño. Houbo ocasións para os dous equipos e a falta de cinco minutos o Albense saca porteiro xogador, circunstancia que aproveitan os ponteses para marcar diferenzas no marcador, con tantos de Rober Paz, en dúas ocasións e dende o seu propio campo e a portería baleira, e outro de Gerardo.

Os visitantes maquillaron o resultado final cun gol de Berti a falta duns segundos para o remate do encontro. Na segunda parte estivo de porteiro Santos, quen na década dos anos noventa do século pasado estivera nas filas do mítico Autos Puentes e logo no Parrulo.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Jacvichu, Gerardo, Púas, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Héctor, Jandro, Dani e Pedro.

CD ALBENSE FS: Miguel, Cristian, Berti, Blázquez, Serio –cinco inicial- Moa, Javi, Diego, Rober, Pablo e Santos.

ÁRBITROS: Díaz Arias, Vanegas Betancur e Fernández Rodríguez (mesa), de Asturias. Amosaron tarxetas amarelas a Lito, do Esteo, e a Pablo, Rober e Diego, do Albense.

GOLES: Min. 10 (1-0), Púas. Min. 18 (2-0), Púas. Min.37 (3-0), Rober Paz. Min. 38 (4-0), Rober Paz. Min. 39 (5-0), Gerardo. Min. 40 (5-1), Berti.

INCIDENCIAS: Partido da derradeira xornada de liga disputado no pavillón da Fraga, con apenas medio cento de espectadores nas gradas, a pesar de ser entrada gratuíta.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios