O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo recibe este sábado no pavillón da Fraga ó Atlético Benavente, colista do grupo 1º de Segunda División B

O Esteo recibe este sábado no pavillón da Fraga ó Atlético Benavente, colista do grupo 1º de Segunda División B

Os dous equipos ocupan postos de descenso directo xunto ó cadro asturiano do Boal. O cadro pontés leva dúas xornadas sen perder, con dous empates en canchas difíciles, Noia (1-1) e O Barco de Valdeorras ante o Pizarras TC (3-3). Pola súa banda, o conxunto zamorano ten un só punto, grazas ó empate en Cuéllar na cuarta xornada. A anterior perdeu na casa ante o Noia por 0-2.
Os dous equipos disputan o seu segundo partido oficial no pavillón da Fraga. A anterior visita foi a tempada anterior con vitoria do Esteo por 2-1.

SEGUNDA DIVISIÓN B (6ª Xornada)
O ESTEO F.S. – ATLÉTICO BENAVENTE
Sábado 5 – Novembro – 2016 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios