O ESTEO FUTBOL SALA

O Leis Pontevedra, un histórico do fútbol sala, visita o pavillón da Fraga pontés por cuarta vez

O Leis Pontevedra, un histórico do fútbol sala, visita o pavillón da Fraga pontés por cuarta vez

Como sinalamos, o conxunto pontevedrés é un dos históricos do fútbol sala galego e estatal. Chegou a militar na División de Honor (2007/08) e varias tempadas na de Prata. Gañou catro copas da Xunta de Galicia na década dos anos noventa do século pasado.

O seu nome oficial é o de Leis 26 FS, debido a que se creou o ano 1980 no número 26 da praza Paco Leis da cidade do Lérez. Na tempada actual está no posto décimo con cinco puntos, tres menos có Esteo, que leva catro xornadas sen perder, con dous empates e dúas vitorias, o que lle permitiu saír dos postos de descenso e agora é noveno con oito puntos.

Nos enfrontamentos anteriores en pista pontesa, vitorias do Esteo nas dúas anteriores tempadas (6-2 e 6-4) e na 2012/13 (3ª División) triunfo pontevedrés por 1-4.

SEGUNDA DIVISIÓN B (8ª Xornada)
O ESTEO F.S. – LEIS PONTEVEDRA F.S.
Sábado 19 – Novembro – 2016 (18,15 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
ÁRBITROS: Vilas Martínez – Arca Blanco (Santiago)
ASISTENTE: Silva Martínez (Vigo)

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (6ª xornada)
O ESTEO F.S. “B” – TRABADA FUTSAL
SÁBADO 19 DE NOVEMBRO (16:00)
PAVILLÓN MUNICIPAL DA FRAGA (AS PONTES)

LIGA DA TERRA CHA (2ª xornada)
SÁBADO 19 DE NOVEMBRE, PAVILLÓN MUNICIPAL DE MONDOÑEDO
INFANTIL (10:00): MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS
BENXAMIN (11:00): MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS
PREBENXAMIN (11:50): MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS
ALEVÍN (12:40): MONDOÑEDO FS – O ESTEO FS

LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES (5ª xornada)
O ESTEO F.S. “B” – ESTANCO MARICARMEN
DOMINGO 20 NOVEMBRO (18:00), PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios