Amigus
As Pontes

O ESTEO FUTBOL SALA

A falta de catro xornadas para o final ó Esteo está cun punto por riba do descenso e quédanlle catro auténticas finais.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A falta de catro xornadas para o final ó Esteo está cun punto por riba do descenso e quédanlle catro auténticas finais.

A primeira será esta xornada ante o Pizarras Tres Cuñados, quinto clasificado con 43 puntos. Partido que se retrasa ó domingo (12:30) debido a que a directiva do Club decidiu levar a Burela ós xogadores dos equipos de base a presenciar o encontro Burela-El Pozo Murcia de 1ª División, que se disputa na tarde deste sábado 16.

Logo na seguinte xornada visita ó Albense salmantino, oitavo (36), para recibir despois ó Bembrive vigués, cuarto (43) e na derradeira xornada de liga visitará ó colista e xa descendido Bueu, que só suma 14 puntos.

O conxunto do Barco de Valdeorras é un dos máis goleadores da liga con 115 tantos e tamén un dos máis goleados, con 99. Suma trece vitorias, catro empates e nove derrotas.

Nos seus enfrontamentos entre os dous conxuntos en pista pontesa rexistráronse dúas vitorias do Esteo, 6-4 (2009/10) e 3-2 (2010/11) en Primeira Nacional B; e na Segunda División B, un empate a tres goles (2013/14) e un triunfo barquense por 4-6 na pasada tempada.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (27ª)

O ESTEO F.S. – PIZARRAS TRES CUÑADOS F.S.
Domingo 17 – Abril – 2016 (12,30 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios