O ESTEO FUTBOL SALA

Logo dunha xornada de descanso e tras a derrota na casa ante o colista San José o Esteo xoga este sábado contra o Leis

O Esteo parece estar en horas baixas. Leva tres xornadas sen gañar. Empatou na casa co Pizarras TC, perdeu en Benavente por 6-3 e polo mesmo resultado caeu na casa ante colista San José salmantino, equipo que ata esa xornada só gañara un partido e empatara dous. Un resultado ó que nada hai que obxectar, pois os salmantinos mereceron o triunfo, nun encontro no que os ponteses fixeron o peor partido da tempada na súa pista. Está visto que os encontros dos domingos pola mañá nunca lle saen ben ós ponteses.

Este sábado enfróntase ó Leis Pontevedra, un histórico que non está a ter sorte no presente campionato, xa que é penúltimo clasificado con só dous partidos gañados e catro empatados. En pista pontevedresa houbo tres enfrontamentos anteriores entre os dous conxuntos cunha vitoria do Esteo e dous empates. Na primeira volta, no pavillón da Fraga o Esteo venceu por 5-3.

SEGUNDA DIVISIÓN B (21ª xornada)
LEIS PONTEVEDRA FS – O ESTEO F.S.
Sábado 25 – Marzo – 2017 (16:00)
Polideportivo Monte Carrasco Marcón (Pontevedra)

ENCONTROS CATEGORIAS DE BASE

LIGAS DA TERRA CHÁ
VENRES 24 DE MARZO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE COSPEITO
As 18:00 h. Categoría Alevin: COSPEITO – O ESTEO F.S.

SÁBADO 25 DE MARZO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE BAAMONDE
Ás 11:00 h. Categoría Benxamin: MEIRA FS – O ESTEO F.S.
Ás 11:50 h. Categoría Infantil: BEGONTE FS – O ESTEO F.S.

SÁBADO 25 DE MARZO – PAVILLÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Ás 11:40 h. Categoría Prebenxamin: VILALBA FS – O ESTEO F.S.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios