O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo recibe este sábado no pavillón da Fraga ó sempre complicado Ventorrillo

Ó conxunto coruñés sempre se lle deu ben o pavillón pontés, onde gañou en tres choques, as dúas últimas por goleada, 2-5 na 2015/16 e sobre todo a da tempada 2014/15, na que, no penúltimo partido, endosoulle ó cadro verde a segunda maior goleada da súa historia (5-10), no único partido que gañou en toda a liga. Os outros choques foron dous empates e un triunfo pontés.

O Esteo ten asegurada a permanencia e nos tres partidos que restan para o final tratará de mellorar a situación clasificación. Recibe no pavillón pontés ó Ventorrillo este sábado e na derradeira xornada ó Albense, equipo un posto por riba e con 33 puntos, e na xornada anterior viaxará a Zamora, conxunto cuarto na clasificación con 48 puntos e ó que lle gañou na primeira volta por 4-2.

SEGUNDA DIVISIÓN B (24ª xornada)

O ESTEO F.S. – VENTORRILLO F.S.
Sábado 22 – Abril – 2017 (18:00)
Árbitros: AMOR VIZOSO / DANS REY / PRADOS CAAMAÑO
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

1ª XORNADA DA COPA DA TERRA CHÁ DE FUTBOL SALA

SÁBADO DÍA 22 DE ABRIL DE 2017
PAVILLÓN MUNICIPAL DE GUITIRIZ

Ás 11:00 h. Categoría Benxamín: GUITIRIZ – O ESTEO F.S.
Ás 11:50 h. Categoría Prebenxamín: GUITIRIZ – O ESTEO F.S.
Ás 12:40 h. Categoría Biberón: GUITIRIZ – O ESTEO F.S.
PAVILLÓN DO COLEXIO MONTE CAXADO (AS PONTES)
Ás 11:00 h. Categoría Infantil: O ESTEO F.S. – MONDOÑEDO
Ás 12:00 h. Categoría Alevín: O ESTEO F.S. – MONDOÑEDO

FINAL INTERCOMARCAL DE FÚTBOL SALA
DOMINGO DÍA 23 DE ABRIL DE 2017
PAVILLÓN MUNCIPAL DE AS PONTES
Ás 17:00 h. Categoría Benxamín: CONCELLO DE CURTIS – O ESTEO F.S.
Ás 18:00 h. Categoría Alevín: CONCELLO DE CURTIS – O ESTEO F.S.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios