O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés recibe este sábado ó segundo clasificado

O Esteo pontés de fútbol sala xoga este sábado, 18:30, contra o Pizarras Los Tres Cuñados do Barco de Valdeorras.

O equipo ourensán esta a facer unha magnífica temporada, segundo con 37 puntos. Na súa casa gañou oito partidos con tres empates, mentres a domicilio perdeu cinco encontros, cun empate e tres vitorias.

Na ida en Ourense, 5-1. Nos partidos na Fraga, o equipo pontés nunca gañou ó ourensán, xa que na 2013-14 e na campaña pasada o partido acabou en empate a 3-3, na 2014-15, 4-6, e na 2015-16, 4-7.

Recupera para este encontro Javi Saa a Ayala, Javichu e Gago.

SEGUNDA DIVISIÓN B (21ª xornada)
O ESTEO FS-PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS
Sábado 24 – Marzo – 2018 (18:30)
A Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios