O ESTEO FUTBOL SALA

Penúltima xornada de liga na Segunda División B, na que o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Mosteiro Bembrive, de Vigo.

Penúltima xornada de liga na Segunda División B, na que o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Mosteiro Bembrive, de Vigo.

O conxunto pontés despide a tempada ante a súa afección contra un difícil rival, equipo que non se xoga nada neste encontro, agás a honra de defender a cuarta praza que ocupa na clasificación.

Pola súa banda, o Esteo necesita os tres puntos en xogo e que o Cistierna non pase do empate no seu compromiso contra o Cuéllar para saír dos postos de descenso. Despois queda a derradeira xornada ante o descendido Bueu.

Os ponteses sacaron un valioso punto na súa visita a terras viguesas nun partido que ían gañando por 3-5 a falta de tres minutos para o final. O cadro vigués, fundado en 2001, venceu en pista pontesa as tres últimas confrontacións (1-4, 3-9 e 1-4) e perdeu na tempada 2010/11 por 3-0.

Co fin de apoiar ó equipo neste importante partido, a directiva do Club pontés decidiu establecer entrada gratuíta.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (29ª)

O ESTEO F.S. – C.D. MOSTEIRO BEMBRIVE F.S.
Sábado 7 – Maio – 2016 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de AF

También podría gustarte
Comentarios