Logo de dúas semanas de adestramento, o Esteo estréase en competición oficial na disputa da eliminatoria previa da Copa Deputación da Coruña.
O encontro será este sábado (18,00) en Padrón diante do Stellae FS, que milita na Liga Galega Norte, equipo que pese a ser dunha categoría inferior conta nas súas filas con experimentados xogadores, que poden poñer as cousas un tanto complicadas ós ponteses. Ademais hai que ter en conta o factor campo.
O gañador enfrontarase en cuartos de final ó Cidade de Narón. Os outros enfrontamentos desta primeira rolda son: Arzúa FS-5 Coruña FS (o vencedor contra o Santiago Futsal), Brión FS- Ventorrillo FS (> Noia FS), Vila de Cee FS-Troula FS (> O Parrulo Ferrol).
COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2016
Fase Previa
STELLAE F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 3 – Setembro – 2016 (18,00 h)
Polideportivo Municipal de Padrón (Grupo Escolar)
Nova cortesía de AF