Amigus
As Pontes

III REGATA WINDSURF LAGO DE AS PONTES

Organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes, o lago pontés acollerá este fin de semana a terceira edición da regata windsurf “Lago de As Pontes”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes, o lago pontés acollerá este fin de semana a terceira edición da regata windsurf “Lago de As Pontes”. Como ven sendo habitual esta regata será clasificatoria para o ranking galego que formará o equipo oficial de Galicia nas próximas citas nacionais e internacionais.

Nesta edición da regata tomarán parte dos mellores regatistas da especialidade nas suas modalidades Raceboard e Fórmula Windsurf, incluso algún deles de entre os mellores no panorama nacional como é o caso do vigués Marcos Fernández.

Está confirmada a participación dunha trintena de regatistas procedendentes dos clubes Vértigo Sailing, Castrelo do Miño, Ferrolvento, Limens Wind & Sup, Playa de Oza, CV Tavante así como do club de vela pontés.

O sábado a competición iniciarase ás 15:00, mentras que para o domingo a hora prevista de inicio serán as 13:00, celebrándose cada día un máximo de tres pruebas.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios