O ESTEO FUTBOL SALA

Antes do inicio da liga, este venres 23 derradeiro partido de preparación para o Esteo fronte ó Burela, equipo de Primeira División.

Antes do inicio da liga, este venres 23 derradeiro partido de preparación para o Esteo fronte ó Burela, equipo de Primeira División.

Que dúbida cabe, que o conxunto da Mariña luguesa, o único con dous equipos –masculino e feminino- na máxima categoría do fútbol sala estatal, será un duro rival para os ponteses. Ademais, é unha entidade que conta con categorías de base de gran calidade, así o cadro cadete quedou campión galego.

O Esteo iniciará a liga por cuarto ano consecutivo na Segunda División B o vindeiro sábado, 1 de outubro, recibindo no pavillón da Fraga ó Guardo FS e na seguinte xornada viaxará ata Valladolid para enfrontarse ó Universidad.

No conxunto pontés son baixas seguras Pablo Carro, que deixa ó cadro de As Pontes para fichar por un equipo da 2ª División italiana, e Diego Pellón, por estudos.
O choque é de entrada gratuíta e ademais serve como presentación oficial do equipo. Por outra banda, o sábado pola mañá os equipos de base disputarán partidos amigables.

PARTIDO AMIGABLE
O ESTEO F.S. – BURELA F.S. P. RUBÉN
Venres 23 – Setembro – 2016 (21,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios