Amigus
As Pontes

O LAGO SPORT ENSINO A INFANTIL CAMPIÓN DE LIGA DE FERROL

Gañou esta fin de semana e conseguiu o ascenso

O equipo Infantil do Lago Sport proclamábase esta fin de semana Campión da Liga de Ferrol tras gañar por 0-5 ao Unidade de Fene.

Tras unha primeira fase na que concluiu segundo tralo Esteo B, na segunda fase gañou oito partidos, por un empate e unha derrota, precisamente co Esteo B 2-4, no que foi clave o partido da segunda volta gañado 4-7 a este mesmo equipo.

O Lago Sport sumou 25 puntos, por 24 de O Esteo B, 15 de Santa Mariña, 14 de O Parrulo C, 4 de Narón O Freixo B e 3 de Unidade de Fene.

Os xogadores do equipo son Noé, Dani, Iván, Adrián Ameneiro, Raúl, Adrián Bouza, Diego, Brais, Pablo, Álvaro e Anxo, e o corpo técnico está formado por Diego Pellón, Senén Bouza e Patricia Leal.

Consiguen o ascenso á Liga Galega onde compartirán categoría cos tamén equipos do Lago Sport Cadete Masculino, e Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín Feminino.

Esta é a quinta Liga de Ferrol da canteira do Lago Sport tralo Campionato Alevín 2019, Infantil e Cadete 2022 e Prebenxamín 2024.

Nova cortesía Diego Paz Romero “Vinicius”

Nova cortesía Diego Paz Romero “Vinicius”

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.