O SANTABALLÉS CAMPIÓN DE LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16
O cadro chairego logrou o título trala derrota de Mobles Eume
O Santaballés proclamouse campión da liga de veteranos de As Pontes 2015/16 logo de perder pola mínima (2-1) Mobles Eume ante Galiorient. Os chairegos logran o seu terceiro título de liga despois de acadalo nas tempadas 2010/11 e 2012/13.
Ademais da sorprendente derrota de Mobles Eume, o Santaballés impúxose con claridade a Farmavida, vitorias axustadas de La Galaxia e Bar Xardín e empate a dous goles entre As Pontes 74 e A Cepa.
A vindeira fin de semana dispútase a derradeira xornada, a décimo segunda que fora suspendida no seu día polo mal tempo. Unha xornada na que Bar Xardín e La Galaxia xóganse a terceira praza do campionato.
18ª XORNADA 2-3 / Abril / 2016
Electricidad J&O – La Galaxia (0-1) Nené
Santaballés – Farmavida (4-0) Susito, Valú. Diego e Palpi
MMYPEM – Bar Xardín (3-4) Óscar, Alberto e Lolo / Javi (2), Iván e Cabanela
As Pontes 74 – A Cepa (2-2) Julio e Vila / Fernández e Alberto
Galiorient – Mobles Eume (2-1) Tomás e Kata / Luis
CLASIFICACIÓN
PUNTOS | ||
1º | SANTABALLÉS | 43 |
2º | MOBLES EUME | 40 |
3º | BAR XARDÍN | 35 |
4º | LA GALAXIA | 33 |
5º | GALIORIENT | 24 |
6º | AS PONTES 74 | 19 |
7º | FARMAVIDA (-1 partido) | 17 |
8º | MMYPEM | 11 |
9º | A CEPA | 11 |
10º | ELECTRICIDAD J&O (-1 partido) | 7 |
GOLEADORES
IVÁN FERREIRO (M. Eume) | 27 |
JAVI (Bar Xardín) | 12 |
DIEGO (Santaballés) | 11 |
TOMÁS (Galiorient) | 11 |
DERRADEIRA XORNADA (12ª)9-10 / Abril / 2016
Santaballés – Electricidad J&O (Sáb. 9, 19,00 h)
A Cepa – Galiorient (Sáb. 9, 20:00h)
La Galaxia – Bar Xardín (Dom. 10, 10:00 h)
Farmavida – As Pontes 74 (Dom. 10, 11:00 h)
MMYPEM – Mobles Eume (Dom. 10, 12:00 h)
Nova cortesía de A.F.