Durante o pleno de onte ao final da súa primeira intervención sobre o arrincado masivo de árbores no poboado da Madalena, o alcalde pontés Valentín González afirmou non ter constancia de queixas dos veciños ao respecto deste asunto. Pola contra, numerosos veciños manifestaron a través da rede social Facebook que o alcalde respostara vía mail as queixas plantexadas ao respecto na páxina web do concello pontés. «Eu teño un correo de contestación que pon claramente Alcaldía de As Pontes e está asinado por Valentín González Formoso», asegura un veciño.
Ademais dende o colectivo social afírmase que non se está en contra da realización das obras, senón da forma de levalas a cabo, sen prever a súa substitución por outras especies arbustivas ou árboreas menos dañinas para o sistema de alcantarillado.
Tamén e segundo asegurou o alcalde pontés no pleno do pasado xoves, a retirada de árbores, fíxose a petición da A.VV. da Madalena, e anunciou que só serán retiradas as que afecten á integridade das tuberías.
Recollida de sinaturas
Pola súa banda o colectivo social que está a funcionar no Facebook en contra da eliminación das árbores da Madalena, iniciou esta semana unha recollida de sinaturas co fin de «esixir do goberno local información detallada do plan de obras no Poboado da Madalena e a substitución total das árbores eliminadas, por especies que xeren menor impacto nas canalizacións». A este respecto o alcalde, Valentín González, dixo non saber «por qué teñen que opinar o resto dos veciños das Pontes sobre as árbores da Madalena, algo que ao seu xuízo «non é válido».
Todos os veciños que queiran asinar a favor desta iniciativa poden facelo ben a través do formulario inserido na cabeceira desta páxina ou a través das follas que están sendo distribuidas pola vila.
Novas
- Resultados Grupo Xuvenil As Pontes na III Copa Galega Infantil K1/C1
- Resultados fin de semana 7 e 8 de xunio
- Lista de inscritos VI Slalom Vila de As Pontes
- II carreira green power Iberia
- I Copa de España de Barco Dragon 200-500m.
- Resultados Campionato Galego Barco dragón
- Segunda Regata Copa Galega Infantís
- Día das letras galegas
- Obradoiro de deseño e posicionamento de currículum
- Copa Galega Piragüismo de Pista cadetes e veteráns
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios