Amigus
As Pontes

O APARRAL CELEBROU O SAN XOÁN

A parroquia máis oriental do concello das Pontes, O Aparral, celebrou esta fin de semana o seu patrón, San Xoán. A xornada festiva comezou con bombas de palenque, despois unha misa cantada pola Coral da Capela, seguida da tradicional procesión arredor da igrexa e o cruceiro. A sesión vermú estivo amenizada pola orquestra Trova, da Coruña.
No transcurso do acto leuse un comunicado lembrando a Luis Balseiro, un dos organizadores das festas, quen días antes tivo que ingresar nun hospital, onde se está a recuperar dunha doenza. Por este imprevisto contratempo, todo o peso da organización da festa foi para o seu compañeiro José López Carballeira.
A continuación máis de douscentos comensais degustaron as excelencias dun polbo á feira e carne ó caldeiro. Entre os asistentes estaban os aparraleses de máis idade, como os irmáns Enrique e Constante Ledo Bello, de 87 e 83 anos, que viviron no desaparecido lugar de Carracedo da parroquia da Vilabella e hoxe Enrique reside na Pedrafita e Constante nos Chaos. Tamén se achegaron á festa o matrimonio formado por Darío Caaveiro Ramos e Carmen Prieto Romero, de 82 e 80 anos, que habitan na aldea de Sexe. Igualmente víase moi leda a María Silva Prieto, de 81 anos, veciña da Pedrafita.
O Dúo Caramelo foi o encargado de poñer música á tardiña e a citada orquestra Trova a verbena. O domingo moitos festeiros acudiron a unha sardiñada.
aparral_01.jpg


A PARROQUIA DO APARRAL
A parroquia do Aparral limita ó leste e sur co concello lugués de Xermade, ó norte coa parroquia das Pontes e ó oeste coa de Ribadeume. Ten uns dezaseis quilómetros cadrados e unha poboación actual de 72 habitantes (217 en 1843 e 185 en 1975), que viven nas aldeas do Aparral de Abaixo, Cabeza dos Fornos, O Candedo, As Casas Hermas, A Casilla, A Cova, O Lombo da Fonso, Os Pedregás, O Pereiro, A Pedrafita, O Porvelo, Precordeiro e Sexe. Están deshabitados os lugares de Aparral de Arriba, A Besura, O Cornocelo e O Palvelo.
Os cumes máis setentrionais da serra da Loba chegan a esta parroquia, sobresaíndo a Medoña do Novil (572 m) e o monte Candedo (506 m). Atravesa a parroquia o río Chamoselo, que desemboca no Eume na propia vila, e os seus afluentes do Lavadoiro, Painceiro, Cocido e Sexe, ademais do río de Porto do Souto que fai de límite con Xermade.
Á beira da estrada que vai a Vilalba, no lugar da Casilla, fundouse hai catro séculos, polos antepasados da familia Ledo Airado, a ermida da Santa do Carballo. Leva este nome xa que segundo a lenda a virxe apareceuse á xente nun carballo preto da actual capela, onde hai unha fonte coñecida como “Fonte da Virxe”. A primitiva ermida fora construída á beira do rego da Casilla, uns metros atrás da actual, que foi erixida por un descendente da familia fundadora antes de morrer en 1953 cando era cura de Somede.
Antigamente a festa patronal era o xoves da Ascensión. Na véspera do día grande eran traídas en procesión as imaxes de San Xoán e a da patroa do Aparral, dende a igrexa parroquial ata a ermida, de onde regresaban logo da misa.
A igrexa parroquial está situada nunha bonita paraxe rodeada de carballos e o seu entorno está nun excelente estado de conservación. Foi restaurada no ano 1999 e o seu campanario –separado da igrexa- en 2001. No ano 2000 construíuse un novo cruceiro que foi doado polo veciño José López López.
No Aparral sitúase a fonte das Boliqueiras de augas ferruxinosas, sendo antigamente moi visitada por persoas vidas de distintos lugares para curar as súas doenzas.
Aparral, 19 de Xuño de 2010 (AF)
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
aparral_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios