O equipo de As Pontes 74 logrou a copa de fútbol-7 de veteranos de As Pontes ó impoñerse por 2-0 na final ó Santaballés. O encontro estivo moi disputado, aínda que o As Pontes 74 dominou máis e tivo máis ocasións para marcar. Ó descanso chegouse co empate inicial de cero a cero. Ós dous minutos do segundo tempo Paz inauguraba o marcador e dez minutos despois establecía, de cabeza, o segundo tanto para o seu equipo, resultado que ó final sería o definitivo.
Xogaron polo As Pontes 74: Pellón, Fran Pena, Paz, Víctor, Paulino, Raúl, Roca, Xos Min, Julio, Fran Lamas e Dasilva. O Santaballés aliñou a Santi, Basoa, Guilermo, Jo, Pedrito, Felipe, Fernando, Lozano, Picos e Rego.
Pola mañá disputáronse as semifinais. As Pontes 74 venceu a Farmavida por 2-1, con goles de Marco Roca, en dúas ocasións, e Javi Franco. O enfrontamento entre Santaballés e Xuntanza rematou con empate a un gol (tantos de Lozano e Alberto) e na quenda de penaltis o Santaballés pasou á final.
RESUMO FINAL DA TEMPORADA 2012/13
Campión de Liga SANTABALLÉS
Subcampión de Liga MOBLES EUME
Máximo goleador FERNÁNDEZ (A Cepa)
Porteiro menos batido PERUZZI (Mobles Eume)
Campión de Copa AS PONTES 74
Subcampión de Copa SANTABALLÉS
Nova cortesía de A.F.