Amigus
As Pontes

O AS PONTES-FLAVIA ADIANTADO Á XORNADA DO SÁBADO (12,00)

O partido correspondente á 15º xornada de liga entre o As Pontes e o Flavia a disputar no campo do Poboado adiántase a este sábado co fin de dar máis descanso ós xogadores do plantel do conxunto pontés que tres días despois afrontará outro difícil compromiso no campo do Dorneda, partido da novena xornada que fora suspendido por unha fochanca preto do terreo de xogo.


O encontro deste sábado iniciarase a unha hora pouco habitual, ás doce da mañá (12,00). De acadar un bo resultado diante do segundo e sexto clasificados, os ponteses situaríanse nunha boa posición para achegarse ó líder Betanzos.
I XORNADAS PEDAGÓXICO-DEPORTIVAS
Organizadas polo Club Deportivo As Pontes este venres 4 terá lugar no LAR de Endesa (20,30) a primeira xornada pedagóxico-deportiva na que falará Macario Bravo Felipez, responsable da área educativa do RC Deportivo da Coruña. Disertará sobre “o papel dos pais na iniciación deportiva”.
A segunda charla será o venres 11 a cargo de Tito Ramallo, adestrador do Fabril e coordinador das categorías de base do RC Deportivo. Estará acompañado polos xogadores do Deportivo Juan Carlos Valerón e os ponteses Adrián López “Piscu” e David Rochela. A charla sobre “a importancia do fútbol base” será no auditorio municipal “Alovi” (20,30h).
Finalmente, o venres 18 de decembro será a derradeira charla (sala do Mercado Vello, 17,00h), na que intervirá Javier Pombo Prieto, traumatólogo e profesor da escola de adestradores do Deportivo. Será dirixida principalmente a directivos e adestradores e tratará sobre os primeiros auxilios.
PARTIDOS FIN DE SEMANA
FEMININO: CD AS PONTES-ATLÉTICO BALOUTA (martes 8, 16,15 no Poboado).
XUVENIL NACIONAL: RC DEPORTIVO B-CD AS PONTES (sábado, 16,30 en Abegondo).
XUVENIL B: RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (sábado 16,00 en San Xoán).
CADETE: CD AS PONTES-ASPIRANTES (sábado, 16,00 no Poboado).
INFANTIL: CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (sábado, 16,15 no Poboado).
ALEVÍN: CD AS PONTES A-RACING FERROL E (sábado, 10,00 no Poboado), RACING FERROL-CD AS PONTES B (sábado,12,00 na Malata).
BENXAMÍN: CD AS PONTES A-CD SAN SADURNIÑO (venres, 18,30 no Poboado), CD AS PONTES B-CD CARIÑO (venres, 17,30 no Poboado).
PREBENXAMIN: NARÓN-CD AS PONTES A (sábado, 11,00 na Gándara), CD AS PONTES B-NARÓN B (sábado, 11,00 no Poboado).
PARTIDOS APRAZADOS
PREFERENTE: CD DORNEDA-CD AS PONTES (martes 8, 16,30 en Oleiros).
CADETE: FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (luns 7, 15,00 en San Claudio).
INFANTIL: FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (luns 7, 16,30 en San Claudio).
FÚTBOL SALA: Pola súa banda, o Esteo xoga este sábado no pavillón da Fraga diante do FISTERRA. O partido comezará ás seis da tarde (18,00), a mesma hora que se iniciará o do martes, 8 de decembro, contra o AD BUEU, que fora suspendido polo mal estado da pista do pavillón pontés
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios