O As Pontes afronta un choque difícil co Bergantiños

[Diario de Ferrol] O CD As Pontes rende visita a un Bergantiños que non se pode permitir un tropezo se quere seguir aspirando a dar caza ó Racing Villalbés.


A derrota en Foz esta pasada fin de semana cortou a reacción que viñan de ter os vermellos con tres victorias consecutivas logo de ter caído na súa casa co Betanzos, na que foi a única derrota que sufriron no seu terreo de xogo.
Os de Carballo deron xa boa conta do seu potencial na primeira volta, cando lle meteron cinco goles no Poboado a un As Pontes que empezou daquela a acender as alarmas.
Pero tampouco os azuis están para permitirse fallar, logo de volver verse moi perto dos postos de descenso, anque sexa cun partido menos logo de ter aprazado o enfrontamento co Viveiro, para o que se barallan Entroido ou Semana Santa.
Canto á disponibilidade de xogadores, tan só son baixa Dani e Victor, mentres volve Boo, logo de cumprir sanción. Polo tanto, Alberto López afrontará o choque con un conxunto de garantías pra tartar de acadar os tres puntos.
O Bergantiños xoga nun campo de herba sintética, polo que ese será un dos inconvintes co que se encontrará o cadro pontes, xa que adapatarse a ese tipo de superificie.
O partido empeza ás catro e media no campo de As Eiroas.

También podría gustarte
Comentarios