O As Pontes busca os tres puntos diante do Ferreira

Diario de Ferrol. O C. D. As Pontes volve xogar na casa hoxe. No Poboado vai recibir, ás catro e media, ó Ferreira. Un equipo modesto que chegou de rebote á categoría, e que pode ser un rival propicio para iniciar a remontada. Logo dunha xeira negativa, os ponteses empataron a pasada semana na casa do Laracha, despois de que os tres puntos estiveran moi perto de viaxar a As Pontes. Agora unha nova victoria poríaos na boa liña para recurtar diferencias cos primeiros postos e pechar esa tónica negativa.


Para que os puntos queden na casa, vaise precisar do acerto dunha dianteira moi mermada, na que só queda un nove dispoñible, Pedro. Terán que secundalo Grueiro, Troncho ou o mesmo Rubén, á vista das baixas de Canosa e Aguado. Ata cinco ausencias terá Amil para este partido, xa que tampouco estarán Rivas, Manel, e o sancionado Alberto. A novidade pode ser a volta de Marco Roca que xa cumpríu a segunda semana adestrando co grupo.

También podría gustarte
Comentarios