O AS PONTES INFANTIL QUEDOU APEADO DA FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA Ó PERDER NA CORUÑA (3-0) ANTE O CIUDAD JARDÍN

Quedou eliminado o As Pontes Infantil, tras perder na Coruña ante o Ciudad Jardín por 3 a 0, o último gol coruñés que lles deu o pase foi no tempo de prolongación. O resultado global foi de empate a catro goles, pero valeulles o gol marcado co xeonllo no campo do Poboado a sema anterior. Enfrontaranse ó Xallas de Santa Comba por unha praza na Liga Galega. Pola súa banda o Racing de Ferrol impúxose ó Santa María del Mar coruñés e xogarase co Racing Vilalbés outra praza.
infantil.jpg


En xuvenís perdeu o Narón co Polvorín e venceu nos penaltis o Portuarios ó Dorneda, e xogarase unha praza na Liga Galega Xuvenil ante o Betanzos.
Por último, en categoría cadete, o Galicia de Caranza remontou ó Manuel Peleteiro e disputarase a praza precisamente co Ciudad Jardín. Se os coruñeses se tiveron que valer do valor dobre do gol en campo contrario para eliminar o As Pontes tras empatar a eliminatoria a 4-4, o mesmo lles aconteceu na categoría cadete, onde tras gañar en Sinde ó Val por 1-4 perderon en Coruña 0-3, pero os catro goles en campo contrario tamén lles valeron para clasificarse a pesar do empate global a 4-4.
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios