O CARNOEDO ASCENDE Á PRIMEIRA AUTONÓMICA LOGO DE GAÑAR Ó CD AS PONTES B POR 1-0

O As Pontes B quedouse a un paso de redondear unha gran tempada co ascenso á Primeira Autonómica, pero a derrota de onte en Carnoedo dálle o ascenso ós sadenses, polo que os dous enfrontamentos que restan para os dous diante do San Cristóbal coruñés fan que sexan de puro trámite.
Estaba visto que o que gañase na Grela ascendería de categoría. Pero, o As Pontes B non perdeu esa opción onte, se non no primeiro partido no Poboado, onde empatou cos sadenses despois de desperdiciar numerosas ocasións de gol. Co empate entre os dous, aínda habería que esperar ós resultados co San Cristóbal.
O conxunto local practicou o xogo que veu realizando toda a tempada con balóns longos nun terreo de xogo de terra e de reducidas dimensións, mentres que o As Pontes tratou de achegarse á portería de Buta xogando máis o balón. A resolución do partido e o ascenso chegou a punto de cumprirse a media hora de xogo. O equipo pontés comete unha falta ó borde da área, que lanza maxistralmente Bernardo polo escuadro da portería de Iván. Aínda quedaba tempo para moito e os ponteses pasaron a controlar a situación nun partido igualado, pero o Carnoedo, igual que o fixera no Poboado, soubo defenderse ben e aproveitar algún que outro contragolpe para achegarse á portería visitante. Co solitario gol de Bernardo chegouse ó descanso.
Na segunda parte o acoso pontés sobre a porta de Buta foi constante, pero máis ben co corazón que coa cabeza. Unha e outra achegábanse con facilidade á porta local embotellando ós sadenses que se defendían como podían. Pero, o empate non chegou e ó final a decepción pontesa contrastaba coa alegría dos xogadores e afeccionados do Carnoedo, que lograba por primeira vez na súa historia o ascenso á Primeira Autonómica dun equipo fundado no ano 1966.
carnoedo


FICHA DO PARTIDO
CARNOEDO CF:Buta, óscar, Sánchez, Paco, Dorado (Boo, 83), Vila (Couceiro, 72), Adrián, Mayo, Álex (Javi, 85), Robles e Bernardo (Luis, 68).
CD AS PONTES B: Iván, Ferreiro, Fernando, Carlos, Totti, Narciso, Vicente (Fermín, 57), Moya, Borja e Marcos Novo (Adrián, 78).
ÁRBITRO: Álvaro Gil Soriano, asistido por Martinez Rodríguez e Millán Mayo, da Coruña. Amoestaron ós locais Buta, Vila, Couceiro e Luis e ós visitantes Palas, Totti, Borja e Narciso, que foi expulsado no minuto 92 por dobre amarela. Foi expulsado con vermella o adestrado pontés Iván Rodríguez.
GOL: Min. 29 (1-0), Bernardo de falta que entrou polo escuadro da portería pontesa.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada da segunda volta da fase de ascenso a Primeira Autonómica disputado no campo da Grela, de Carnoedo, ante uns 350 espectadores, con presenza de seguidores ponteses.
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
carnoedo
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios