O As Pontes recibe ó difícil Bergantiños

[Diario de Ferrol] O As Pontes ten de novo unha dura proba no esixente arranque da liga que lle correspondeu este ano. Recebe no Poboado -18.00 horas- a un dos claros favoritos ó ascenso, o Bergantiños.


Os vermellos contan cunha das mellores, senón a mellor plantilla do grupo, con xogadores como o retornado Adriano, David Yáñez, ou David Vidal, dirixidos por un dos técnicos de máis prestixio da categoría, Carlos Brizzola. No prantel carballés hai que destacar tamén a aportación do medio pontés Élmer, que retorna o campo onde se formou.
No choque vanse opoñer un equipo que aínda non gañou, o As Pontes, a outro que aínda non perdeu, o Bergantiños. Anque, en calquera caso, ata agora as diferencias son mínimas. Os de Felipe Mieres buscarán a primeira victoria que precisa para gañar confianza un equipo moi novo, que está creando ocasións, pero pagou a súa falla de concreción diante da meta rival.
O futbol non foi xusto nestas dúas primeiras xornadas cun As Pontes que ofreceu xogo para merecer máis, pero está a ver como se cumpren os pronósticos que auguraban que ía ser difícil a adaptación para un equipo en plena reconstrucción.
Para afrontar este partido, Mieres poderá contar con case toda a plantiña, pois tan só seguen como baixas, Seco, Boo e Esmorís.

También podría gustarte
Comentarios