O As Pontes sacou renta dun encontro moi aburrido

Diario de Ferrol. O CD As Pontes sacou adiante sen máis lustre o seu partido diante do Ferreira. Unha victoria importante para os ponteses, pero que non disipa as dúbidas dun equipo que segue sen ofrecer a súa mellor cara ós afeccionados.


Empezou o encontro cun guión moi previsible. Forte saída dos da casa, e os visitantes cedéndolles o balón á espera de poder sorprender nunha contra. Este plantexamento tería sido válido se o Ferreira tivese esa capacidade de estirarse que logo non amosou ó longo dos 90 minutos. Tan só era cuestión de puntería que os de Amil estreasen o electrónico.
Foi no minuto 7 cando Suso si aproveitou a súa ocasión e enviou ás mallas o 1-0 que de contado deixaba o camiño expedito para que na casa quedaran tres puntos. Os dous equipos comezaron a amosar maneiras semellantes, tentando combinar, e chegando ben ata tres cuartos, pero aí ámbalas dúas escadras perdían todo o perigo.
Coa reanudación semellou que o As Pontes seguía empeñado en querer manter a emoción. Pedro, no 58, non deu marcado nunha ocasión na que se prantou só dinate do meta visitante, e o balón saíu lambendo o pao.
Aburrido > A partir de aquí, o tedio dominou os case valeiros graderíos, e co marcador tan axustado, só a inocencia do Ferreira permitía que a victoria non semellase perigar para os de Amil. A tranquilidade veu co gol de Fornos ós 81 minutos, logo dun remate de Jorge, que sacou milagrosamente, Borja, para que o balón caese a pés do extremo esquerdo local. Se embargo, dous minutos despois Quiroga recortou diferencias, aínda que xa non había tempo para intentar acadar a igualada.
Relacionados:
El Correo Gallego: As Pontes 2 – Ferreira 1.

También podría gustarte
Comentarios