O As Pontes viaxa ao terreo de xogo do Vizoño

[Diario de Ferrol] O CD As Pontes comeza hoxe o sprint final dunha liga chea de sobresaltos, e faino visitando ó Vizoño nun partido que pode afastar definitivamente as dúbidas e permitir xa un plácido tramo final da competición.


Aínda que logo da victoria da semana pasada o panorama xa aparece máis despexado, este choque é vital, pois podería supoñer que a pouco máis dun mes para o remate da liga, se poda certificar xa unha continuidade que por veces perigou, e sobre todo condeando a un rival directo. O equipo de Abegondo está a tentar aferrarse á categoría, e leva dous empates consecutivos, polo que precisa xa dos tres puntos para seguir dependendo de si mesmo á vista dos choques directos que lle quedan.
Para afrontar a primeira das seis bolas de partido que aínda teñen os de Alberto López, vai faltar un home que se descubriu fundamental neste tramo final da liga co seu acceso ó primeiro equipo dende os xuvenís. David Amado non vai estar recuperado da escordadura de nocello que sufría esta semana, e sumarase ás baixas de Dani, Boo e Pedro. Moi perto de ter tamén que descansar están outros catro xogadores, que van disputar este partido a un cartón da suspensión. Son Jorge, Piru, Alberto e Chote.
O partido xógase ás seis da tarde no campo de El Pinar, e a xunta directiva do cadro pontés agarda un bo resultado da súa formación para escalar algún posto na táboa.

También podría gustarte
Comentarios