O campo de tiro Pena da Revolta acollerá en xuño o primeiro Campionato de Tiro Policial I.P.A Galicia

[aspontes.com] A proba constará de catro exercizos nos que poderán participar equipos de toda Galicia de ata cinco competidoresAs Pontes será se o 13 de xuño do primeiro Campionato de Tiro Policial I.P.A Galicia. A competición terá lugar no campo de tiro Pena da Revolta e conta coa colaboura do Concello de As Pontes, a Deputación da Coruña, I.P.A Galicia e CaixaGalicia.


A proba, que se rexerá polo Regulamento Técnico Oficial de Percorridos de Tiro, estará aberta a tódolos compoñentes das Forzas e Corpos de Seguridade de Galicia, que poderán formar equipos de ata un máximo de 5 tiradores.
Os interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición denantes do 3 de xuño aínda que este prazo poderá ser modificado pola organización, atendendo ao número total de anotados.
No tocante ao armamento, tan só se poderán empregar armas que, pola súa configuración, medidas e precio no mercado teñan a consideración de armas regulamentarias para o servizo. Tan só se admitirán pistolas de 9 mm parabelum.
A competición dará comezo ás 09.30 horas aínda que os participantes deberán recoller a súa acreditación dende as 09.00 horas. A proba prolongarase ata as 15.00 horas trala que se celebrará un xantar que dará paso á entrega de premios aos cinco mellores tiradores en categoría individual e aos tres mellores equipos do torneo.
Para opter máis información, a organización desta proba habilitou un teléfono o 659 72 96 84, asemade, tamén é posible descargar toda a información desta competición a través do enderezo electrónico www.ipagalicia.net.

También podría gustarte
Comentarios