O canon do medo

En discoplay.es teñen un artigo acerca do fermosismo canon dos CDs. E reproduzo parcialmente:
“A principios do século XX había un negocio florecente que ocupaba a miles de persoas en todo o mundo: as fábricas de xeo en barras. Era típica a imaxe do repartidor, coa súa arpilleira ó ombreiro e o seu gancho de suxección cravado na barra de xeo máis ou menos chorreante.
Co invento e propagación universal do FRIGORÍFICO aquelas fábricas e aqueles simpáticos distribuidores acabaron por desaparecer da paisaxe urbán. “…


…”Hai autores coma o profesor Enrique Dans, do Instituto de Empresa, que comparan a problemática da Industria do Disco coa da barra de xeo e consideran unha torpeza que os seus executivos derrochen ‘inxenio’ para tratar de controlar algo tan inabarcable coma o uso de Internet, en lugar de -como soe ocurrir cos que teñen éxito- poñerse a favor de corrente e desenvolve-los seus enormes potenciais a traveso deste medio, DANDO UN SERVICIO ÓS CONSUMIDORES E NON PERSEGUÍNDOOS COMA DELINCUENTES.
Aínda que neste mundillo do disco, coma nos demáis, é moi aplicable a sentencia socrática ‘SÓ SEI QUE NON SEI NADA’, 35 anos de experiencia no negocio nos permiten facer algunhas observacións obxectivas que sitúen nun contexto temporal a tan pregonada CRISIS DA INDUSTRIA DISCOGRÁFICA.
Sen entrar en profundidades, que nos levarían a un tratado de mil páxinas, podemos distinguir varias etapas no desenvolvemento destas Compañías, diferenciadas pola área da empresa sobre a que viñeron pivotando A TOMA DE DECISIÓNS.”…
E segue en discoplay.es, lédeo que non ten desperdicio.

También podría gustarte
Comentarios