O CCG realiza a primeira edición facsímil do Códice de Toledo das ‘Cantigas de Santa María’ de Alfonso X O Sabio

Lendo galiciainformacion.com:
“O Consello da Cultura Galega (CCG), con motivo do seu XX aniversario, realizou a primeira edición facsimil do Códice de Toledo das ‘Cantigas de Santa María’ de Alfonso X O Sabio. A publicación pretende achegar a estudiosos e persoas interesadas o códice máis antigo deste manuscrito medieval.
O coordinador da publicación e secretario do CCG, Henrique Monteagudo, destacou a ‘importancia’ e o ‘significado’ que ten esta edición ‘dunha obra emblemática na tradición literaria galega e na defensa do galego’. Engadiu que as ‘Cantigas de Santa María’ son unha ‘obra singular’ na cultura española e europea.”…


…”Apuntou que a idea de editar o facsimil das ‘Cantigas de Santa María’ é un proxecto que comezou en 1998 coas xestións ante a Biblioteca Nacional de Madrid (couta ms. 10.069), que custodia este códice desde que chegou procedente de Toledo.
O coordinador da edición explicou que das ‘Cantigas de Santa María’ consérvanse tres grandes coleccións: o Códice de Toledo, a máis antiga reprodución das cántigas de Alfonso X O Sábio; o Códice Rico, famoso polas súas miniaturas; e o Códice dos músicos, que é unha edición máis tardía.”
Fonte: galiciainformacion.com

También podría gustarte
Comentarios