A SGAE resposta sobre o canon ós discos duros

Lendo barrapunto.com:
“Falouse moito estos últimos días dende que El Periódico de Catalunya publicase nas súas páxinas que a SGAE quería cobrar un canon polos discos duros. El Periódico publica unha carta enviada dende a SGAE intentando ‘aclarar’ a nova aparecida a semana pasada, en ela din que o tratamento dos discos duros ‘debe ser obxecto dun análise e estudio que xa se está a levar noutros países do noso entorno, e, no momento oportuno, tamén deberá abordarse en España’. “…


…”A carta completa:
‘Departamento de Comunicacións da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE)
Barcelona
ante a relevancia que EL PERIÓDICO outorgou o día 18 á posibilidade de fixar unha remuneración compensatoria para os autores nos discos duros dos ordenadores, gustaríanos puntualizar:
a lei de propiedade intelectual contempla o principio de compensación ós autores, intérpretes e industria pola limitación que supón, para a explotación das súas obras e productos, o recoñecemento da copia privada. Estamos a falar, polo tanto, duns dereitos recoñecidos nunha lei aprobada polo conxunto de partidos políticos que forman as Cortes. Este principio é o que sirveu de base para o establecemento, fai uns anos, dunha remuneración compensatoria para os casetes e vídeos en función do seu uso para a copia privada. E é o mesmo principio que fai pouco tempo (esgrimido por varios xuices na resolución de diversas sentencias) serviu para determina-la remuneración para os novos soportes dixitais, CD e DVD. En relación coa nova aparecida neste diario sobre a posibilidade de establecer unha compensación nos discos duros, queremos aclarar que o tratamento doutros soportes máis complexos (como é o caso do disco duro) debe de ser obxecto dun análixe e estudio que xa se está a levar a cabo noutros países do noso entorno, e, no momento oportuno, tamén deberá abordarse en España. Chegado ese momento, a SGAE é partidaria de que calquera proposta ó respecto sexa o resultado dunha negociación entre tódalas partes implicadas.’ ”
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios