O CD AS PONTES FEMININO CONQUISTA O TORNEO DE CARIÑO
Semana Santa redonda para as rapazas do Clube Deportivo As Pontes. Se o pasado xoves conseguían clasificarse para a seguinte rolda da Copa Galega Feminina, hoxe venceron no prestixioso Torneo de Cariño.
Iso si, os dous triunfos foron moi sufridos, como non podía ser menos. Comezaba o torneo coa victoria das locais sobre o Ortigueira por 3 goles a 0.
Xa no segundo encontro entraban en liza as pontesas, que venceron con facilidade ás do Ortigueira por 2 tantos a 0, goles de Silvia e Cristina Moirón, sen embargo o resultado puido ser máis amplio, pois Paty e Janira, lanzaron dous tiros ó longueiro.
No partido decisivo entre Cariño e As Pontes na primeira metade o encontro foi moi igualado e táctico, as pontesas moi ben plantadas esperando a ocasión namentres que as locais agardaban agazapadas buscando o contragolpe. A segunda metade si que foi de dominio claro e abrumador das azuis, pero o gol non quixo entrar, a ocasión máis clara, Jani, ó longueiro.
E asi se chegaba á tanda de penaltis, as locais marcaron os dous primeiros, igual que o As Pontes por medio de Carlota e Paty Blanco. No terceiro a xogadora do Cariño lanza ó longueiro, o balón bota na raia e sae fóra. A brillante Leti puido dar a victoria, pero o seu disparo foi ás mans da porteira rival. Volveu fallar o Cariño o cuarto, noutro tiro que petou no poste. Outra vez tiñan as pontesas a posibilidade de sentenciar e desta vez Silvia non o desaproveitou e tivo a honra de outorgar ó CD As Pontes o seu terceiro título feminino, o segundo en Cariño, ademáis do conquistado en San Sadurniño o pasado mes de Xuño.
En definitiva, semana redonda para as azuis, que descansan esta semana agardando rival na Copa, e resaltar ó gran equipo do Cariño, que marcha líder invicto na Liga Comarcal e que non desentonaría nada na Segunda Autonómica Feminina.
O míster Javier Salido convocou para este torneo a 1 Leti, 2 Yaiza, 3 Natalia, 4 Jani, 5 Carlota, 6 Clara, 7 Silvia, 8 Janira, 9 Paty Blanco, 10 Cristina Moirón, 11 Carliña e 12 Lara.
Nova cortesía de Xose Ferreiro