O CD AS PONTES B GAÑA Ó GUITIRIZ SD NUN AMIGABLE DISPUTADO NO POBOADO (8-1)

O As Pontes B goleou ó Guitiriz, equipo da segunda autonómica lucense, en partido amigable disputado este sábado no anexo do Campo do Poboado, encontro que estivo máis igualado na primeira parte, aínda que o control do xogo correspondeu ós de Iván Rodríguez, que na primeira parte aliñou a David, Alberto, Fran, Hugo, Cristian, Adrián Vila, Álex Antón, Narciso, Fermin, Xavi e Moya. Neste primeiro tempo marcaron para os ponteses Adrián Vila (min. 1) e Narciso (min. 42), resulrado co que se chegou ó descanso.
Na segunda parte entrou u once que pode ser o titular na liga, con David na porta, Ferreiro, Toti, Carlos, Palas, Nando, Guille, Beto, Marcos Novo, Vicente, Borja e Criado. Nestes segundos corenta e cinco minutos o filial pontés dominou claramente ó seu rival, tendo moitas ocasións para marcar, materializando seis. Marcos Novo marcou o terceiro (min. 46), logo Vicente (min. 55 e 65), Criado (min. 65), de novo Vicente (min. 80) e Borja (min. 84), mentres que os visitantes marcaron o tanto da honra nun despiste da zaga pontesa, rematando o encontro co resultado de 8-1 a prol dos ponteses.
amistoso_0001.jpg


O As Pontes B comeza a liga na segunda autonómica o vindeiro 23 de setembro recibindo no Poboado á SDC A Capela. Pola súa banda o cadro guitiricense comeza a competición, tamén na segunda autonómica, visitando ó Santaballés o 9 de setembro.
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
amistoso_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios