TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 0 RACING DE FERROL 2

O Racing de Ferrol camiña firme hacia o ascenso, e o equipo ferrolán impúxose en As Pontes merced a súa maior calidade e dúas xogadas de escasa contundencia por parte do equipo local. O equipo verde amosou hoxe por momentos porque é quizais o mellor equipo da categoría, ante un equipo azul, que pese a todo, non perdeu a cara ó partido en ningún momento e deixou unha grata impresión.
Xa avisaron os visitantes cando ós 4 minutos, o medio de Ortigueira Marcos Álvarez queda so, pero tira cruzado en exceso. Tivo a súa o As Pontes dez minutos máis tarde co ex racinguista Sergio Arias, que se interna por banda dereita pero o seu tiro despexao co corpo Camacho.
Tras un tiro do ex deportivista e ex xogador de Primeira División Iago Iglesias por alto (17´), adiantase o Racing no marcador, centra dende banda dereita Marcos, Manu Barreiro remata en primeira instancia, desvía in extremis Kiko, pero Dani Rodríguez so a ten que empurrar para abrir a lata (19´).
Dúas oportunidades tivo o gran dianteiro compostelán Manu Barreiro antes do descanso, tras un saque de falta lateral remata en boca de gol algo desviado (36´), e tras un pase en profundidade e un perfecto control o seu zapatazo dende o borde da área marcha lamendo primeiro pau (38´).
terceira_001.jpg


Comezou o segundo tempo coa mesma tónica de dominio verde, outro pase en profundidade a Manu Barreiro pero Kiko adiantase por pouco (51´). Iago Iglesias fixo gala da súa categoría, e nunha xogada foise de varios xogadores azuis, pero trastabillouse ante a saída de Kiko e finalmente salva a situación o experimentado Pablo López (53´). Pero tanto foi o cántaro á fonte que dous minutos máis tarde, seguramente na xogada menos agardada, casi sentenciou o Racing, Kiko quere despexar o balón, golpea ó aire, e Marcos Álvarez aproveita o esférico solto pra marcar a porta baleira. A esquecelo canto antes e a pensar en Vilalonga.
Non se rendiu o As Pontes nin baixou os brazos ante o golpe sufrido e pouco tempo despois Bossa probou a Camacho cunha falta lonxana que este despexou cos puños (58´). Ó instante, dun córner lanzado polo vivariense, Eloy remata en boca de gol case sen querelo e cando o balón lle cae nos pes, pero atrapa fácil Camacho (59´).
Nos últimos minutos o As Pontes seguía prantando cara, e o Racing buscaba as contras co seu arsenal atacante, tras unha vaselina de Cañizares que puxo en apuros a Camacho (83´), nunha das múltiples xogadas que o As Pontes buscaba deixar ós dianteiros ferroláns en fora de xogo, quedaron sos Barreiro e Jorge pero o dianteiro compostelán cruzou en exceso (84´). Aínda puido marcar casi no desconto o capitán verde e ganador da Copa do Rei de Xuvenís co Espanyol en 2003, Pablo Rey, que queda libre de marca, pero dispara moi cruzado (90´).
En definitiva, tres puntos para un Racing de Ferrol que apunta alto xa nas primeira xornadas, da mostras de que se quere enganchar ó primeiro posto, e non abandonalo ata a xornada 38, ante un As Pontes que, deixando ó marxe algunha xogada con escasa contundencia, prantou cara, deixou boas impresións e debe pasar páxina e centrarse en acadar o mellor resultado posible o vindeiro domingo en Vilalonga ante un equipo da “súa Liga”.
0 CD As Pontes. Kiko, Rochela, Pablo Domínguez, Chote, Pablo López, Piña, Nano (Esmorís 63´), Bossa, Cañizares, Javi (Eloy 57´), Sergio Arias.
2 Racing de Ferrol. Camacho, Rubén Comesaña, Pumar, Pérez, Antonio, Iván Forte, Iago Iglesias (Jorge Rodríguez 65´), Marcos Álvarez (Chicho 73´), Pablo Rey, Manu Barreiro (Angel Luis 84´), Dani Rodríguez.
Árbitro: Víctor García Villaverde (Ferrol). Auxiliado nas bandas por Landrove Lago e Calderón Pérez. Amonestou a Pablo López, Cañizares, Pablo Rey e Dani Rodríguez. Correcta actuación.
Campo e Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 750 espectadores en tarde soleada. Moita presencia de afeccionados ferroláns.
Goles: 0-1, Dani Rodríguez (19´). 0-2, Marcos Álvarez (55´).
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios