O C.D. AS PONTES ALEVÍN LOGRA O DOBLETE ESTA TEMPORADA: GAÑOU A COPA Ó GALICIA DE MUGARDOS (7-2)

Despois de gañar a liga o CD As Pontes alevín proclamouse este xoves campión da copa de Ferrol ó gañar na final ó Galicia de Mugardos por un claro 7-2. Ó descanso xa gañaban os ponteses por 4-0. O encontro disputouse no campo da Gándara ante unha boa presenza de afeccionados, uns 200 espectadores.

copa_alevin001.jpg


Os ponteses dominaron claramente o partido de principio a fin, destacando a calidade e fortaleza de Enrique Fornos, quen hai un mes participou coa selección galega no campionato de España e actualmente está pretendido polo Deportivo da Coruña, sendo autor de cinco tantos do seu equipo. Os entusiastas rapaces do Mugardos puxeron gañas e ilusión, pero nada puideron facer ante a superioridade dos de Jorge Parajón.
Polo Mugardos xogaron Dani I, Pedro, Jorge, Javi, Dani II, Alexis, Jose, Gabriel, Andrés, Álex Fernández e Álex Yáñez. Por parte do As Pontes participaron Ángel Prieto, Iván, Brais Blanco, Enrique, Álex Pico, Nahúm, Alex Fernández, Jorge, David, Ángel Caínzos, Iago e Brais Martínez. Arbitrou a ferrolá Elena Puente.
Os goles foron marcados por Enrique, en cinco ocasións, Álex Fernández e Brais Blanco, por parte do CD As Pontes, e Alexis e Dani II polo Galicia de Mugardos.

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

copa_alevin001.jpg

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios