O CD AS PONTES PRESENTOUSE ONTE OS SEUS AFECCIONADOS

Na tarde de onte o As Pontes iniciou a décimo terceira temporada na Terceira División, categoría á que retornou a pasada temporada despois de nove seguidas na preferente autonómica. Un As Pontes que na década dos anos noventa militou nove temporadas na Segunda División B e nunha delas chegou a xogar a fase de ascenso á Segunda A.
O Club, que dende 2005 preside Xaime Castro dende, afronta un proxecto moi ambicioso pero ó mesmo tempo ilusionante, xa que presenta moitas novidades no seu plantel. Continúan da pasada temporada o porteiro Kiko, os defensas Rivas, Chote e Boo; os centrocampistas Dani, Esmorís e Bossa, e os dianteiros Carba e Iván González. Regresan Vicente e David Amado, despois de estar un ano cedidos no Cabreiros e no Somozas.
No capítulo de fichaxes están o porteiro Simón, que retorna ó equipo despois de varias temporadas no Narón BP Piñeiros, os defensas Schuster (procedente do Viveiro), Javier Rochela (do Bergantiños), Juan Pérez (Somozas); os centrocampistas Jordi (Bergantiños), Diego Charlón (Somozas), Diego Piñeiro (Narón BP) e David Vidal (Dorneda), e os dianteiros Hugo Soto (procedente do Céltiga), Felipe Varela (Xove Lago) e Javi López (Lalín). Realizarán a pretemporada Borja, procedente do xuvenil, e Moya (Narón B).
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg


Salientar que continúa como técnico Alberto López, que cumprirá a terceira temporada na entidade pontesa. Non puido asistir o porteiro Kiko, por unha gastroenterite, e non se puido exercitar Boo, xa que estaba con muletas por un problema nun pé.
Na presentación, o capitán Rivas referiuse a “entre todos faremos o posible por facer un bo campionato de liga”. O técnico Alberto López deu a benvida ós novos no equipo e dixo que “vai ser unha liga moi bonita, con grandes equipos na que teremos que loitar moito para conseguir uns bos resultados”.
Pola súa banda, o presidente do Club, Xaime Castro, despois de dar a benvida a todos, así como ó medio cento de afeccionados que se atopaban no campo do Poboado, dixo que “no Club tratamos de formar un bo plantel e moi competitivo e estamos seguros que os xogadores loitarán ó máximo, xa que enfronte vanse atopar con históricos equipos como o Racing de Ferrol, Ourense, Compostela e outros, que nos van poñer as cousas moi difíciles”. Rematou a súa intervención pedindo o apoio dos afeccionados e do pobo de As Pontes nesta nova etapa na Terceira División, “categoría na que xa estivemos en temporadas pasadas e incluso superiores como a Segunda B”.
Na vila pontesa os afeccionados están expectantes e ilusionados nesta nova andadura en categoría nacional e polo o papel que poida facer este renovado Club Deportivo As Pontes na Terceira División, precisamente na temporada na que cumpre o cincuenta aniversario do seu ingreso na federación española de fútbol, posto que en As Pontes xa existía un Club fundado no ano 1933, sendo o Calvo Sotelo o que tomaría o seu relevo en 1960.
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
presentacion_cd_as_pontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios