FESTAS DO CARME E A FRAGA 2010 – PROCESIÓN DO DOMINGO

A CAPELA DO CARME
O santuario do Carme é a continuación da primitiva ermida de Santa María Magdalena, situada no paraxe chamado barrio da Magdalena.
A actual capela, ampliada en 1880, foi construída no ano 1738 logo de constituírse a Confraría do Carme, pasando a ser patroa de As Pontes a Virxe do Carme e co-patroa Santa María Magdalena.
De todo elo dan conta os libros da confraría que expoñen as vicisitudes da fundación, a relación de confrades e a administración do santuario.
A confraría fundouse en 1736 e os estatutos foron aprobados en 1741, cunhas regras polas que se rexeu ata hoxe e que foron aprobadas polo entón bispo de Mondoñedo, Fray Antonio Sarmiento de Sotomayor.
Enfronte da capela hai un cruceiro de granito instalado en 1828. Ten un capitel corintio ornamentado cunha cabeza de anxo. A cruz ten no reverso (mirando á capela) unha imaxe de Cristo crucificado e no anverso unha da virxe co neno no brazo. Nunha das catro caras da base presenta as imaxes, en baixo relevo, da Dolorosa e da Magdalena, e noutra a inscrición “Devoción de Don Francisco Bouza, natural de Las Grañas. Año de 1828”.
procesion_domingo_01.jpg


A VIRXE DO CARME, PATROA DUNHA VILA NON MARIÑEIRA
De todos é coñecida a tradicional devoción do pobo de As Pontes á Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende 1858. Ata mediados do século XIX a festa patronal celebrábase o 15 de agosto, na honra da Asunción da Nosa Señora, que pouco a pouco foi decaendo trala creación da Confraría do Carme.
A imaxe da Virxe do Carme, que figura nun lugar privilexiado da capela, foi doada no ano 1872 e hai uns quince anos restaurada polo escultor de Compostela, Miguel Rivas Varela. Esta iniciativa partiu das “Camareiras da Virxe do Carme” e foi costeada pola veciña desta vila Dª América Franco Pico.
O suceso máis importante para a confraría ocorreu hai máis de medio século nunha solemne cerimonia na que a virxe foi coroada. Ás sete do serán do 19 de xullo do ano xubilar de 1958, e no propio santuario, foille imposta a coroa polo bispo de Mondoñedo, Joaquín Argaya Goicoechea, a cal foi doada polos veciños de As Pontes.
A esta cerimonia, ademais de todo o pobo de As Pontes, asistiu o alcalde Cesáreo González Dopeso, o gobernador civil e diversas autoridades da provincia.
O manto e o vestido foron doados polos devotos do pobo e os “Hijos de Puentes en Cuba”, a iniciativa dos irmáns Bellas Baamonde. Dende 1983 conta cunhas novas lámpadas, xa que as antigas fóronse deteriorando co paso dos anos. Foran doadas por Sergio Rivera Chao e Hipólito Vizoso nos anos 1905 e 1957.
Esta histórica cerimonia de coroación tivo lugar nas festas patronais de 1958, despois dun ano sen habelas, e nas que, entre outras, houbo actuación do Coro Aturuxo da Coruña, a banda municipal e as orquestras Mallorca, Puentes e Trovadores da Coruña.
Nunhas festas, nas que tamén houbo competicións de pesca, de natación –na presa de Alende- para infantís e cadetes e de tiro ó prato no campo de tiro do Poboado da Calvo Sotelo e un interesante partido de fútbol.
O día 20 foi adicado á cidade de Ferrol coa participación da Sociedade do Círculo Mercantil e Industrial da cidade ferrolá. Tamén houbo xincana motorista organizada polo Moto Club Ferrol.
O baile popular celebrábase no Campo da Feira e as verbenas na praza de Cervantes, hoxe do Hospital.
O día 25, o da “Festa da Isla”, comezou con dianas e alboradas e o pasarrúas de xigantes e cabezudos. Ás once da mañá concerto de música e a unha do mediodía iniciouse a caravana cara a Fraga e dúas horas máis tarde tivo lugar o concurso de empanadas.
A xira campestre rematou cun baile popular no mesmo lugar a cargo das orquestras da localidade, Mallorca e Puentes, e ás once da noite a derradeira verbena das festas na praza de Cervantes.
Estas festas tamén editaron a súa revista (a primeira foi en 1953). Dos seus artigos merece citarse un de Bocelo, xornalista de La Voz de Galicia, titulado Unión y Cordialidad. Ó final do mesmo dicía:
“Amigos de Puentes de García Rodríguez, esto es cuanto por hoy puedo deciros de vuestra ciudad, que probablemente ha cambiado mucho desde que la visité por última vez. Y permitirme una recomendación: Por mucho que sea su desarrollo, por grande que sea su prosperidad, procurad permanecer fieles a las características que la hacen amable y sonriente. Puentes puede ser mucho sin perder un ápice de sus virtudes hospitalarias. Debe seguir siendo una tentación permanentemente para cuantos la conocieron alguna vez. Debe continuar siendo un punto interesante de veraneo. Su campo es precioso; su río, una bendición… Lo demás debéis ponerlo vosotros. Solo son necesarios dos ingredientes: Unión y cordialidad. Es fácil, porque ya los tenéis. Sólo os queda saber conservarlos.”
As Pontes, Festas do Carme e A Fraga 2010 (AF)
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
procesion_domingo_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios