O CD AS PONTES XUVENIL INICIOU A PRETEMPORADA

O CD As Pontes xuvenil comezou este pasado luns a súa preparación de cara a vindeira temporada, na que militará por segundo ano consecutivo na liga nacional xuvenil.
O conxunto que adestrará Carballo ten varias baixas con respecto á pasada temporada, xa que superan a idade xuvenil Iván, Antón, Fernando, Carlos, Borja, Mourín e Junior. Todos eles incorpóranse ó novo CD As Pontes B, que participará na terceira categoría autonómica, mentres que Jandro pasa ó San Sadurniño
Soben do conxunto cadete Juan, Rubén, Darío, Sergio Criado, Isma, Alex Cabarcos e Cristian. Tamén realizan a pretemporada co cadro pontés Isma, do Cedeira, Jon, do Neda, e Pita, do Galicia de Mugardos.
Os ponteses terán que loitar moito para manter un ano máis a categoría, dada a calidade do grupo galego desta categoría, no que, entre outros, están o Deportivo B, Celta B, Lugo, Sárdoma, Calasanz, Arousa, Bergantiños, Pabellón de Ourense e Lalín.
O conxunto pontés inicia a competición o 12 de setembro recibindo no Poboado ó Val Miñor e na segunda xornada viaxará ata A Coruña para enfrontarse ó campión da pasada temporada, Deportivo da Coruña B.
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg


cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
cd_aspontes_xuvenil_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios