Amigus
As Pontes

O CEIDA organiza a IV edición do curso de iniciación á ‘Ilustración da Natureza’

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) organiza na última quincena do mes de abril a IV edición do curso de iniciación á ‘Ilustración da natureza’. O curso será impartido por Calros Silvar.
Con este curso preténdese introducir ao alumno nas técnicas básicas de debuxo para realizar bocexos de campo, facilitando un rexistro de primeira man que complemente, precise e enriqueza as observacións efectuadas, ao tempo que sirvan de base para a realización de traballos máis complexos.


A temática a tratar neste curso de iniciación é a seguinte: introducción e equipamento básico, as técnicas de expresión, a retentiva, apuntes do medio natural (I),a forma e a proporción, a luz e a valoración tonal, nocións de perspectiva e composición e apuntes do medio natural (II).
O curso desenvolverase os luns, mércores e venres de 19 a 21 horas e os sábados de 10 a 14 horas dende o 18 de abril ata o 30 do mesmo mes.
O número de prazas está limitado a 20 persoas e o custe da matrícula é de 30 euros.
Xa está aberto o prazo de solicitude.
Calros Silvar é licenciado en Belas Artes e traballa como deseñador en ‘O Castro- Sargadelos’. Tamén é ilustrador, guías editadas por Baía Edicións coma a “Guía de Árbores de Galicia” e a “Guía de Aves de Galicia” contan coas súas ilustracións.
Para máis información contactar co CEIDA no número de teléfono 981630618.
CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Tel 981630618
Fax 981614443
ceida.org
ceida@ceida.org
Castelo de Santa Cruz s/n 15179 Liáns Oleiros

También podría gustarte
Comentarios