O CLUB DEPORTIVO AS PONTES B SUBCAMPIÓN DE LIGA: C.D. As Pontes B Xuventude de Cabanas (8-1)
O As Pontes B proclamouse subcampión de liga tras vencer na derradeira xornada ó Xuventude de Cabanas por un contundente 8-1 nun partido que dominou de principio a fin o conxunto pontés disputado no campo principal do Poboado en tarde soleada e unha asistencia duns cen espectadores. Borja, con tres goles, Narciso, con dous, Púas, Fermín e un en propia porta foron os autores dos tantos ponteses.
O As Pontes B aliñou de principio a Juan, Ferreiro, Fernando, Cristian, Carlos, Narciso, Vilasuso, Vicente, Púas, Borja e Marcos Novo. Na segunda metade entraron Iván, Fermín, Moya, Álex Antón e Hugo.
O campionato de liga rematou como campión e novo equipo de Primeira Autonómica o A.D. Miño, que onte gañou (1-3) na casa do colista Barallobre, con 65 puntos, segundo e disputará a promoción de ascenso, o C.D. As Pontes B, con 63. Despois quedaron Rápido de Neda e Ortigueira (60), Cariño e San Mateo (55), Numancia de Ares (51), Ánimas (42), Galicia de Mugardos B (41), Galicia de Caranza (40), Narahío (35), salvado tras vencer no último encontro, A Capela (31), en promoción de descenso o San Sadurniño (28), descendidos por arrastre o Somozas B (20) e Xuventude de Cabanas (17) e derradeiro clasificado o Barallobre, con 14 puntos.
Nova cortesía de Xose A. Ferreiro e AF