O CLUBE DE VELA FLUVIAL DE AS PONTES PARTICIPARÁ NA COPA DE ESPAÑA DE VAURIEN, EN XOGO NA SEMANA DO ATLÁNTICO CIDADE DE VIGO

Dende mañá venres día 25, na ría de Vigo, escoitarase o bocinazo de saída a unha nova edición da Semana do Atlático Cidade de Vigo XXXVIII Trofeo Martín Barreiro. Nesta ocasión a flota Vaurien será a primeira que saia ó auga para disputar a Copa de España na emblemática clase de vela lixeira.
Na auga, non faltarán grandes nomes do Vaurien como é o caso das primas Lucía e Laura Llópiz, quenes atesoran catro victorias consecutivas na cita mundial femenina. Unha vez máis as viguesas terán que verse as caras no auga con Alejandra Suárez e Helena Álvarez, quenes se colgaron a prata mundial en augas de Sanxenxo tras unha dura pelea coas Llópiz.
Semana-do-Atlantico-1.jpg


En categoría absoluta, os irmáns Jaime e Alfonso Leirós, que veñen de colgarse en augas de Saxenxo o bronce intercontinental, e os campeóns de España Pablo Cabello e Javier Lago soan con forza á victoria final.
A representación pontesa correrá a cargo das tripulacións formadas por Jacqueline Cruz e Raquel Meizoso, Marta Vilasuso e Manuel Bermúdez, e Miguel Ferreiro e Luis Pita.
A competición será máxima nesta clase e ademáis dos máis fortes da flota galega – R.C.N. Sanxenxo, C.M. Cando, C.N. Rodeira Cangas y R.C.N. Vigo- non faltarán á Semana do Atlántico Cidade de Vigo os regatistas guipuzcoanos Beñat Blanco e José Zapiain.
Durante este primeiro ciclo da Semana do Atlántico Cidade de Vigo, A comunidade de Extremadura tamén estará representada de mans das tripulacións formadas por Sergio Gómez del Pozo e Daniel Hernández, e José Ignacio Fernández e José Enrique Reyes.
Ademáis, no listado de inscritos no podían faltar os regatistas lusos, en este caso procedentes dos clubes de Viana do Castelo, Clube Naval de Leça e Alhandra S.C.
Semana-do-Atlantico-2.jpg
Semana-do-Atlantico-3.jpg
Nova cortesía Miguel Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios