Amigus
As Pontes

O Clúster TIC de Galiza dá os seus primeiros pasos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, mantivo o venres día 4 de maio en Santiago unha reunión coas asociacións empresariais e profesionais do ámbito das tecnoloxías da electrónica, da informática, da información e da telecomunicación de Galiza, na que se creou a comisión promotora do Clúster TIC de Galiza.”…


…”A creación do Clúster é unha das medidas previstas no PEGSI. En concreto, está recollida na liña de actuación TIC-LA2-I2 Fortalecemento do sector TIC.
Na reunión participaron o presidente de AETIC (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións), Ramón Lois; a presidenta e coordinadora de EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet), Beatriz Legeren e María Xosé Jamardo, respectivamente; o presidente e director xeral de INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación), Jorge Cebreiros e Manuel Soliño, respectivamente; así como os representantes de AEIG (Asociación de Enxeñeiros de Informática de Galicia) e AETG (Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), Juan Otero e Ricardo Fernández, respectivamente.
Listo o borrador dos estatutos
Na xuntanza, a Dirección Xeral dependente da Consellaría de Innovación e Industria entregou ás asociacións do sector unha proposta de Estatutos e organigrama de funcionamento para o futuro Clúster TIC de Galiza, mentres que a AETIC achegou tamén a súa propia proposta de organigrama de funcionamento.
Os asistentes acordaron por unanimidade realizar unha proposta conxunta, que será debatida cos seus respectivos asociados, co horizonte de celebrar a asemblea constituinte do Clúster na primeira semana do próximo mes de xullo.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios