O Concello das Pontes salienta o apoio do Estado co desenvolvemento do municipio
Diario de Ferrol. O goberno local das Pontes, presidido polo socialista Valentín González Formoso, fixo pública onte unha nota de prensa para subliñar a importancia das axudas para proxectos empresariais que vén de conceder o Instituto para a Reactivación Económica das Comarcas Mineiras, dependente do Ministerio de Industria.
O reparto de case 11 millóns de euros entre 21 iniciativas que se desenvolverán en As Pontes maioritariamente, así como en Ortigueira e As Somozas é, para o Concello pontés, un signo claro da implicación e compromiso do executivo central co futuro económico e empresarial das Pontes. O equipo de González Formoso estima que novas como esta farán que a localidade se convirta nun dos referentes empresariais de Galicia e sinala que o pontés foi o concello galego máis beneficiado do programa do Ministerio.