O concello de As Pontes acolleu onte a Xunta Local de Seguridade

[RTVEume] A Xunta Local de Seguridade do Concello pontés celebrábase onte nas dependencias municipais coa presenza do Subdelegado do Goberno, Jorge Atán. O alcalde de As Pontes, Valentín González, presidíu esta reunión, na que os diferentes axentes que forman parte desta Xunta (Subdelegación do Goberno, Garda Civil ,Policía Local, e Protección Civil, facían un seguimento da seguridade cidadá do municipio. As reunións deste órgano, na que están representantes públicos, xa que xunto co alcalde está por parte municipal o concelleiro de seguridade Eladio Bouza, así como representantes do empresariado, e tamén os cargos e técnicos dos corpos de seguridade, teñen periodicidade semestral.
seguridade.jpg


A función deste órgano, e para iso se fan estes seguementos, e fundamentalmente a de mellorar a cordenación entre a Policía Local e as forzas e corpos de Seguridade do Estado que actúan no mesmo ámbito. Aproveitando esta convocatoria, o Goberno local volvía incidir na importancia que ten a colaboura cidadá como reforzo ó traballo conxunto que desenvolven a Policía Local e a Garda Civil na prevención de delitos. Por iso, faise un chamamento á cidadanía para que poña en coñecemento das forzas de seguridade calquera actitude sospeitosa ou que poda requerir da súa intervención.

También podría gustarte
Comentarios