O ESTEO FS VENCEDOR DO TORNEO DE NADAL DE FÚTBOL SALA DE AS PONTES

Este domingo celebrouse nas Pontes unha nova edición do tradicional Torneo de Nadal de fútbol sala, que contou coa participación de catro equipos, tres da propia vila pontesa (Selección Local, Barbarroja-Zeppelin e O Esteo FS), ademais do Peugeot-Vilalba, conxunto da primeira autonómica galega.
As semifinais foron moi disputadas rexistrándose o resultado final de empate, clasificándose para a final a Selección Local de As Pontes, que gañou nos penaltis (5-4) ó cadro chairego de Peugeot-Vilalba, xa que o tempo regulamentario rematou con empate a tres goles. Con empate a catro tantos tamén finalizou o Esteo-Barbarroja, vencendo na quenda dos penaltis o Esteo por 3-2.
Na loita polo terceiro clasificado o Peugeot-Vilalba gañou con claridade ó Barbarroja-Zeppelin (7-4), logo de ir perdendo por 0-4 na primeira parte.
Na final houbo superioridade do Esteo diante da Selección Local, a pesar de que non convocou ó porteiro Javichu, ademais de Noé, Rubi e Pellón. O resultado final foi de 6-2 a prol do conxunto da Primeira Nacional B. Gerardo, integrante do plantel do equipo vencedor, foi proclamado como mellor xogador do torneo.
Ó final da competición o alcalde de As Pontes, Valentin González Formoso, fixo a entrega dos trofeos. Tódolos encontros disputáronse no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha afluencia duns douscentos espectadores.
Torneo_Nadal_01.jpg


Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Torneo_Nadal_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios