O Fendetestas rinde visita ó Maseda Muimenta no seu debut en liga

[Diario de Ferrol] Os ponteses visitan na primeira xornada a un equipo que o ano pasado acabou a liga en moi boa forma logo de empezar titubeante.


Este ano o Maseda Muimenta conta con reforzos importantes, como é o de Andrés, con experiencia en competicións de liga estatal, e tamén có xogador arxentino Fabián, que semella lles permitirán constituir un equipo máis competitivo para esta nova tempada. Outro factor a ter en conta é o campo, xa que o terreo dos lucenses conta cunhas dimensións moi reducidas, o que lles permite pechar moito o xogo para aproveitar a súa mellor arma, que é a fortaleza na súa dianteira.
Ademais é, seguramente o campo que reune máis afeccionados, que exercen unha grande presión sobre os conxuntos que se midan co equipo local. O Fendetestas empeza xa limitado, pois non poderá dispoñer de varios dos seus xogaroes. Os ponteses estarán condicionados neste encontro polas baixas de Lois, Álvaro, Manolo, e Tito, todos eles lesionados, e Alberto, por obrigas laborais, ós que hai que sumar tamén as ausencias de Miguel e Xose, que arrastran sanción da pasada tempada.Este primeiro encontro da tempada disputarase no campo de Muimenta o domingo ás doce e media da mañá.

También podría gustarte
Comentarios