O Fendetestas resistíu trinta minutos ós Ingleses

75

[Diario de Ferrol] O equipo de As Pontes rendía visita ó conxunto dos Ingleses, o único equipo que semella capaz de discutirlle o título autonómico este ano ó Lalín.


O Fendetestas non puido aprazar o encontró malia sumar ata 13 baixas, e acudíu a Vilagarcía cos 15 xogadores xustos para disputar o encontro. Contra todo pronóstico, os ponteses, mantivéronse no partido toda a primeira parte, para irse ó descanso cun 15-7 en contra. Aínda que na súa aliñación contaba con ata tres debutantes, e con varios xogadores ocupando postos que non sons os seus, os visitantes sorprenderon apostando polo xogo de dianteira perante un equipo local moi forte nesta faceta. O xogo de choque dos dous paquetes fixo que o partido estivese moi pechado, e evitou que se producisen fases estáticas, onde os visitantes estaban moi limitados ó faltar os xogadores habituais na disputa. O esforzo da primeira parte pagaríase na segunda, e o Fendetestas acabou con dous homes menos, ó lesionarse Pablo e Alberto. Esta circunstancia aproveitouna o quince pontevedrés para irse no marcador, aínda que encaixaría un ensaio nestas condicións de superioridade numérica. O resultado de 46-15 final, anque contundente, non deixou mal sabor de boca nos de As Pontes, que suman como máis negativo as dúas novas baixas.
Xogaron no Fendetestas: Pablo, Iván, Paco, Andrés, Gallardo, Alberto, Álvaro, Moeche, Kiko, Flecha, Antón, Lauri, Kike, Chou e Tito.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios