O Festival Vocacional pontés reuniu a 500 participantes
Lendo diariodeferrol.com:
“Preto de medio milleiro de xoves e nenos aducirón á chamada do Festival Vocacional que por noveno ano convocaba a diócese de Mondoñedo-Ferrol. A presencia da nosa comarca foi patente ó longo das actuacións que se desenvolveron pola mañá e á tarde na igrexa de o poboado, e o final plasmaríase nos premios acadados. Por vez primeira o número de grupos infantís superou ampliamente ó xuvenil, e isto fixo que houbese que troca-la orde habitual.”…
…”Ó final os gañadores foron o coro infantil do Rosario, que coa canción De la mano de Jesús, revalidaba o triunfo acadado xa o ano pasado. O segundo foi un grupo chegado dente Foz, Nosa Señora do Pilar, e o terceiro o grupo que presentou a Compañía de María. Á tarde subirían sete grupos ó escenario, coa victoria para outras agrupacións da comarca que tamén repetíu primeiro posto con respecto á pasada edición. O coro parroquial de Santa María de Neda foi o máis votado coa canción Avanzar con mis hermanos. Segundo quedaría o coro xuvenil Nosa señora do Rosario de Ferrol, coa canción Algo de Dios. O terceiro posto foi para o coro parroquial de Vilalba. A representación pontesa correu, ó igual que o ano pasado, a cargo do grupo Sede de paz. ”
Fonte: diariodeferrol.com